Centro Comercial Los Rosales

Eventos

Do 16 ao 19 de Maio, C.C. Los Rosales acolle unha nova edición do "SALÓN DO LIBRO GALEGO"

Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo
07/05/2012 - 20/05/2012
Minilibro
Os vindeiros días 16, 17, 18 e 19 de Maio, por mor do Día das Letras Galegas, C.C. Los Rosales acollerá unha nova edición do Salón do Libro Galego.

Nesta edición, as principais editoriais galegas exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades culturais paralelas para os rapaces, como obradoiros de pintura, talleres de ilustración e sesións de contacontos.

Ao longo destes catro días, as persoas que se acheguen ao complexo comercial poderán visitar os postos de venda de libros pertencentes ao Consorcio Editorial Galego e que se enmarca dentro das actividades vinculadas arredor do Día das Letras Galegas.

libro2012 

Centro Comercial Los Rosales. GPS: 42º22'21,66'' N 8º25'32,46'' O. Ronda de Outeiro 419, 15011 A Coruña. Telf.: 981 128 118 Fax: 981 128 120
CREATIVIDAD :: AACCENTIA MULTIMEDIA SL :: REALIZACIÓN